We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Rapoemas

by Aid

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €10 EUR  or more

     

  • Full Digital Discography

    Get all 6 Aid releases available on Bandcamp and save 30%.

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality downloads of Lento, Aid - Frío, Aid - Otra Vez, Hacer lo que quiero, Rapoemas, and Jugando. , and , .

    Purchasable with gift card

      €19.60 EUR or more (30% OFF)

     

1.
Aqués que ten fama de honrados na vila roubáronme tanta brancura que eu tiña, botáronme estrume nas galas dun día, a roupa decote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron, en donde eu vivira, sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas, ó raso cas lebres dormín nas campías, meus fillos… meus anxos que tanto eu quería, morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, murcháronme a vida, fixéronme un leito de toxos e silvas; i en tanto, os raposos de sangue maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían. Salvádeme, ouh, xueces!, berrei… Tolería! De min se mofaron, vendeume a xusticia. Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra. Entonces cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, Ne-as herbas sentían! I a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe, dun soio!, deixeinos sen vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man que os ferira. Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei… Tolería! De min se mofaron, vendeume a xusticia. Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra. Entonces cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, Ne-as herbas sentían! I a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida.
2.
O Cabozo 01:21
No cabozo pouco a pouco vanse gardando os traballos a fartura está dentro coma nun sono coma nun sono e non a pode roer o rato O home colga a fame os días son millenta e moitos máis da chave da porta do cabozo coma nun sono o gardado convértese en tesouro. O rato quixera preguntar ao home que que garda no cabozo as castañas faríanse azucre coma nun sono na leda memoria do rato Pero o home non sabe sue garda ontes, agora, cedo ou mañán no cabozo a fartura do ano coma nun sono vese e non se pode tocar O rato perde a chave do cabozo que fixera coas mañas do seu machín o home pass o devezo das melees coma nun sono polos beizos, e pecha o sono. O cabozo dos sonos soñando, que vai soñando soñando, que vai soñando, o cabozo dos sonos soñando, que vai soñando fartos cabozos de mañán.
3.
Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros. Cando foi, iba sorrindo, cando ven, viña morrendo; a luciña dos meus ollos, o amantiño do meu peito Aquel máis que neve branco, aquel de dozuras cheo, aquel por quen eu vivía e sen quen vivir non quero. Foi a Castilla por pan e saramagos lle deron; déronlle fel por bebida. peniñas por alimento. Déronlle, en fin, canto amargo ten a vida no seu seo… ¡Casteláns, casteláns, tendes corazón de fero! ¡Ai!, no meu corazonciño xa non pode haber contento, que está de dolor ferido, que está de loito cuberto. Morreu aquel que eu quería e para min non hai consolo: so hai para min, Castilla, a mala lei que che teño. Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros. Permita Deus, casteláns, casteláns que aborrezo, que antes os galegos morran que ir a pedirvos sustento. Pois tan mal corazón tendes, secos fillos do deserto, que se amargo pan vos gañan, dádesllo envolto en venero. Aló van, malpocadiños, todos de esperanzas cheos, e volven, ¡ai!, sen ventura cun caudal de desprezos. Van probes e tornan probes, van sans e tornan enfermos, que anque eles son como rosas, tratádelos como negros. ¡Casteláns de Castela, tendes corazón de aceiro, alma coma as penas dura, e sen entrañas o peito! En tros de palla sentados, sen fundamentos, soberbios, pensas que os nosos filliños para servirvos naceron. E nunca tan torpe idea, tan criminal pensamento coubo en máis fatuas cabezas ni en máis fatuos sentimentos. Que Castela e Casteláns, todos nun montón, a eito, non valen o que unha herbiña destes nosos campos frescos. Só pezoñosas charcas detidas no ardente solo tes, Castela, que humedezan eses teus labios sedentos. Que o mar deixoute esquecida e lonxe de ti correron as brandas augas que traen de plantas sen sementeiros. Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros. Nin árbores que dean sombra, nin sombra que preste alento… Chaira e sempre chaira, deserto e sempre deserto. Esto che tocou, coitada, por herdanza no universo, ¡miserable fanfurriñeira!, triste herdanza foi por certo. En verdade non hai, Castela, nada coma ti tan feo, que aínda mellor que Castela valera dicir inferno. ¿Por que aló fuches, meu ben? ¡Nunca tal houberas feito! ¡Trocar campiños floridos por tristes campos sen rego! ¡Trocar tan claras fontiñas, ríos tan murmuradores por seco polbo que nunca mollan as bágoas do ceo! Mais, ¡ai!, de onda min te fuches sen dó do meu sentimento, e aló a vida che quitaron , aló a mortiña che deron. Morriches, meu queridiño, e para min non hai consolo, que onde antes te vía, agora, xa solo unta tomba vexo. Triste como a mesma noite, farto de dolor o peito, pídolle a Deus que me mate, porque xa vivir non quero. Mais en tanto non me mata, casteláns que aborrezo, hei, para vergonza, heivos de cantar xemendo: ¡Casteláns de Castela, tratade ben ós galegos: cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros! Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros.
4.
Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na veira do mare. Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas. Mimosa, soave, sentida, queixosa; encanta si ríe, conmove si chora. Cal ela, ningunha tan doce que cante soidades amargas, sospiros amantes, misterios da tarde, murmuxos da noite: Cantarte hei, Galicia, na beira das fontes. Que así mo pediron, que así mo mandaron, que cante e que cante na lengua que eu falo. Que así mo mandaron, que así mo dixeron... Xa canto, meniñas. Coidá que comenzo. Con dulce alegría, con brando compás, ó pé das ondiñas que veñen e van. Dios santo premita que aquestes cantares de alivio vos sirvan nos vosos pesares; de amabre consolo, de soave contento, cal fartan de dichas compridos deseios. Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na veira do mare. Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas. De noite, de día, na aurora, na sera, oirésme cantando por montes e veigas. Quen queira me chame, quen queira me obriga: Cantar, cantareille de noite e de día, por darlle contento, por darlle consolo, trocando en sonrisas queixiñas e choros. Buscaime, rapazas, velliñas, mociños, buscaime antre os robres, buscaime antre os millos, nas portas dos ricos, nas portas dos probes, que aquestes cantares a todos responden. A todos, que á Virxen axuda pedín, porque vos console no voso sufrir, nos vosos tormentos, nos vosos pesares. Coidá que comenso... Meniñas, ¡Dios diante! Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na veira do mare. Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas.
5.
Os Muíños 01:36
As mos eléctricas da vila asoballaron a fol aldean pero o muíño da canle enxoita moe, moe cantares pra o noso pan Unha noite no muíño, a lúa furou as tellas e o silencio vai nomeando tódalas súas noivas vellas. A estrela da canle enxoita dorme na adoa que escintila bágoas de horas, xa teñen mozas e cantares as mos eléctricas da vila. O émbolo fecha coma unha batuta ao compás dos poemas de novos manuaes o muíño da aldea comporános un prólogo pros leutores sentimentaes. E calquer día as nosas bibriotecas indixestadas de velocidade emigrarán á beira do río aldeán onde o muíño da canle enxoita volva moer cantares pro noso pan. Querer que non emigren e matalas e, Querer que non emigren e matalas e, Querer que non emigren e matalas e, o mesmo ven a ter.
6.
Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, adios, para sempre adios Adios groria, adios contento Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero Quen pudera non deixar! Mais son probe e, mal pecado, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado. Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei. Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. Adios Virxe da Asunción, branca como un serafín; lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo Miña terra, adios, adios Adios tamén, queridiña, Adios por sempre quizais Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás tantas légoas mar adentro miña casiña, meu lar. Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei.
7.
Cando nas noites de luar caladas via unha estrela pol-o ceo correr, decia miña nay, cas maus direitas, Dios te guíe, Dios te guíe con ben! Dende enton, cando vexo que un gallego a terra deixa onde infelis nacéu, y achego busca noutras prayas, digo: Guíete Dios, tamen. Non-o culpo, coitado, non-o axo, Non pido pragas nin castigos pra él Nin de que é dono de coller me esquezo Pra onde lle conviñer. Que aquel que deixa seu natal curruncho E fóra d'os seus eidos pon os pés, Cando troca o seguro poI-o incerto, Motivos ha de ter! Qué lle ofrecedes na nativa terra Ese que á cruzar vay mares de fel? Resinacion? Con ela non se come... Fe? Non lle basta a fe! Pregúntalle e diravos que sin rego o milleiral, o lume sin cardés, sin herba o gando e sin traballo o home non se poden manter. diravos, sí, que e pouco canto gana par as arcas do señor e par as do rei, fai un mes que non comen cousa quente os fillos y a muller. E diravos que porque duns destrales mercou nunha ocasión uns poucos bes xuroulle o crego non lle dar sagrado si chegar a morrer. I haivos de decir que alá moy lonxe, alén do mar que o vai tragar tal ves, si libertad, si pan non logra, santa tumba terá xiquer. Quén sódes vós, chorosos niquitates, ruís louvadores dun poder cruel que as alas de ouro dun esprito libre agrilloar querés? Por virtú de cal próvida promesa, en nome de qué Dios, nin de qué lei querés que aquél que á morte condenastes non fuxa, si pudér? Qué lle ofrecedes na nativa terra Ese que á cruzar vay mares de fel? Resinacion? Con ela non se come... Fe? Non lle basta a fe! Correde o velo que a Xusticia encubre dáille traballo, libertá, saber non é dina dos osos de seus fillos pátria que os non mantén. Dicen que como o Miño, o noso povo na terra donde nace quér morrer, pero o sono do río é sosegado Io deste nono é. O río ten un leito mulidiño, perfumado de rosas é cravés tamen tiña outro o povo, máis vendéronllo vendéronllo i agora non-o ten. Deixaino que o adiquira donde poida deixade ao gafo Xob co fol á res buscar o muladar onde se espiolle, sanará Pode ser. A civilizacion i as anduriñas de unhas terras pra as outras van e ven, querer que non emigren e matalas, o mesmo ven a ter.
8.
Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. Señor, que todo o podedes pedínlle unha vez a Dios, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición. E doumo Dios e arrinquéino, máis… quén pensara? despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor, soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica..., seica tiven soidades aquella pena, bon Dios. Este barro mortal que envolve o esprito quén o entenderá, Señor. Este barro mortal que envolve o esprito quén o entenderá, Señor. Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión.
9.
Lugar máis hermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis hermoso no mundo n’hachara que aquel de Galicia, Galicia encantada! Galicia frorida, cal ela ningunha, de froles cuberta, cuberta de espumas, de espumas que o mare con perlas gomita, de froles que nacen ó pé das fontiñas. De valles tan fondos, tan verdes, tan frescos, que as penas se calman nomáis que con velos; que os ánxeles neles dormidos se quedan, xa en forma de pombas, xa en forma de niebras. Lugar máis hermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis hermoso no mundo n’hachara que aquel de Galicia, Galicia encantada!
10.
O Maio 01:12
Aquí ven o maio de frores cuberto puxéronse á porta cantándome os nenos i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos, que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sónvo-lo probe do pobo gallego: pra min non hai maio, pra min sempre é inverno! Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus eidos, chegado habrá estonces o maio que eu quero. Queredes castañas dos meus castiñeiros? Cantádeme un maio sin bruxas nin demos; un maio sin segas, usuras nin preitos, sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos. Aquí ven o maio de frores cuberto puxéronse á porta cantándome os nenos i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros.
11.
Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! ¡Adios groria! ¡Adios contento! Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar! mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, que hasta lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado, téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adiós, ríos, adios fontes, adios regatos pequenos adios vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. Adios Virxe da Asunción, branca como un serafín; lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... ¡Miña terra, ¡adios! Adios tamén, queridiña... ¡Adios por sempre quizais! Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar Adiós, ríos, adios fontes, adios regatos pequenos adios vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar! Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡m

about

Classic galician poetry adapted to rap.

credits

released June 1, 2012

license

Some rights reserved. Please refer to individual track pages for license info.

tags

about

Aid Long Beach, California

Aida Alonso, Aid, rapper, singer and songwriter, born in 1990 in Vigo, Spain.
Living in Long Beach, LA, CA.

contact / help

Contact Aid

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Aid, you may also like: